![]() |
| Enfermería da Illa de San Simón, 1941. Foto: Joaquín Pintos-Deputación de Pontevedra |
Haro Navarro, Miguel (Cuevas Almanzora-Almería)
Labrego, 67 anos, casado con Elvira. Fillo de Miguel e Ana.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 02/01/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León e a Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/01/1942). Liberdade condicional o 20/10/1943.
Hayo Barinaga, Teodoro (Erandio-Bizkaia)
Garda municipal, 38 anos, viúvo. Fillo de Timoteo e Manuela.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Xulgado en Bilbao por Rebelión Militar. Condenado o 08/10/1937 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (08/10/1938)
Heras Alcalde, Antonio (Belianes-Lleida)
Militar, 53 anos, casado con Paula. Fillo de Cayetano e Felipa.
Veciño de Bilbao (Bizkaia).
Durante a guerra formou parte do exército republicano, Comandancia de Vizcaya, División 6.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 04/01/1938 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión de Los Salesianos o Superior, Prisión de las Salesas-Santander (23/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/10/1938).
Heras García, Manuel (Cañaveral-Cáceres)
Ferroviario, 60 anos, Fillo de Mariano e Laureana.
Veciño de Mérida (Badajoz).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1941), onde por Orde do 22/07/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 209 de 28/07/1942, páxina 5537).
Herias Rodríguez “Pepe Cateón”, José (Candamo-Asturias)
Labrego, 63 anos, solteiro. Fillo de Juan e Teresa.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/10/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300532, Expediente 43317).
Preso, cando menos, na Prisión de Tineo, Prisión Provincial de Oviedo (23/06/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939).
Hermida Pereira, Eduardo (Gondomar-Pontevedra)
Labrego, 20 anos, solteiro. Fillo de Celestina e pai descoñecido.
Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 15/10/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27506).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Prisión atenuada en setembro de 1940.
Cumpriría o servizo militar entre 1941 e 43 nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304337, Expediente 3693).
Liberdade o 05/06/1944.
Reingresa na Prisión de Vigo (21/03/1946) e Cuartel Militar de Las Palmas (02/04/1946).
Hermida Suárez, Matías “O Santiño” (Marcón, Pontevedra-Pontevedra)
Canteiro, 25 anos, solteiro. Fillo de Benito e Rosa.
Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 06/03/1937 a 15 anos. Pena conmutada o 12/12/1942 a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27506).
Preso, cando menos, na Comisaría de Vigilancia de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (03/09/1936), Prisión de Santiago de Compostela (26/03/1939) e Prisión Central de Astorga-León (15/03/1940). Prisión atenuada o 10/10/1941.
Unha vez en liberdade, entre 1941 e 1943, debería cumprir o servizo militar nos Batallones Disciplinarios de Soldados Trabajadores Penados (BDSTP), 1a Agrupación (ES.19030.AGMG/3.5. Caixa 304337, Expediente 3693).
Hernán Gobernado, Hilario (Fuensaldaña-Valladolid)
Xornaleiro, 39 anos, solteiro. Fillo de Pablo e Felipa.
Xulgado en Valladolid por Adhesión á Rebelión (Causa 865/36). Condenado o 01/12/1936 a 20 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 4 anos pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300239, Expediente 3408).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/09/1938), Prisión Provincial de León (28/03/1939). Prisión atenuada o 06/09/1940. Libertad definitiva o 11/10/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1943.
NOTA: citado tamén como Hilario Hernánz Gobernado ou Hilario Herránz Gobernado.
Hernández Cámara, Restituto (Escamilla-Guadalajara)
39 anos. Fillo de Indalecio e Ángela.
Afiliado a UGT.
49 Batallón de Obras y Fortificaciones, 4ª Compañía.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 2987-40). Condenado o 17/02/1940 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Guadalajara (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300854, Expediente 89411).
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1941), Prisión Provincial de Oviedo (14/01/1942) e Prisión Central de Gijón (17/09/1942). Prisión atenuada o 02/12/1942.
Hernández Cuevas, Cristóbal (Cazalilla-Jaén)
Labrego, 75 anos. Fillo de Ramón e Dolores.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 11/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Celanova-Ourense (03/10/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde falece o 05/07/1941.
Hernández García, José (La Vellés-Salamanca)
Xornaleiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Justiniano e María.
Xulgado en Salamanca por Auxilio á Rebelión (Causa 358/36). Condenado o 07/01/1937 a 12 anos e 1 día. Pena conmutada o 20/02/1941 a 3 anos e 7 meses pola Comisión de Salamanca (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300267, Expediente 6553).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938). Prisión atenuada o 23/08/1941.
Hernández García, Juan (Perales de Tajuña-Madrid)
Xornaleiro, 60 anos. Fillo de Gregorio e María.
Membro do comité de incautacións local.
Xulgado por Adhesión á Rebelión (Causa 1509/39). Condenado o 28/10/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.
Preso, cando menos, na Prisión de Peñalver-Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941), Prisión Central de Santa Rita de Carabanchel-Madrid (11/01/1943). Falece en Madrid o 03/02/1945.
Hernández Inaraja, Cándido (Matapozuelos-Valladolid)
Industrial, 59 anos, solteiro. Fillo de Mariano e Juana.
Veciño de Gijón (Asturias).
Vocal da Agrupación Socialista (AS) de Gijón. Presidente do Sindicato de Oficios Varios de UGT de Gijón
Xulgado en Gijón por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 15 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300887, Expediente 93836).
Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Gijón, Prisión Central de Puerto de Santa María (13/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Hernández López, Jerónimo (Chaherrero, Crespos-Ávila, 30/09/1871)
Ferroviario (mozo fixo), 68 anos casado Maruja Hernando. Fillo de Julián e María.
Coaccionado baixo ameazas abandonou o seu posto de traballo, isto facilitou a sabotaxe, coa colocación de pedras no cambio de agullas da estación de Peñaranda, provocando o descarrilamento do tren Salamanca-Ávila.
Veciño de Crespos (Ávila).
Xulgado en Salamanca por Sedición (Causa 259/36). Condenado o 01/12/1936 a 4 anos de prisión menor. O 06/10/41 a Comisión de Salamanca revisa a causa, manténdose a mesma pena (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300649, Expediente 60159).
Preso na Prisión de Peñaranda de Bracamonte (21/09/1936), Prisión Provincial de Salamanca (31/10/1936), Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (23/01/1937), Prisión Central de Bilbao (04/11/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (03/11/1939), onde por orde do 27/01/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE numero 35 del 04/02/1940, páxina 937), facéndose efectiva o 01/02/1940. Volve a establecerse en Crespos.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1942.
Hernández Martín, Luis (Rueda-Valladolid)
Zapateiro, 64 anos, casado con Petra. Fillo de Bonifacio e Lorenza.
Veciño de Valladolid (Valladolid).
Xulgado en Valladolid por Rebelión Militar. Condenado o 19/09/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Valladolid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300608, Expediente 54278).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Valladolid, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (05/02/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (03/05/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941).
Hernández Navarro, Camilo
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Hernández Rodríguez, Miguel (Los Villares-Jaén)
Labrego, 64 anos. Fillo de Francisco e Macaria.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 23/01/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300961, Expediente 103020).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de A Coruña, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/10/1940) e Prisión de Jaén (12/11/1941). Liberdade o 10/01/1944.
Hernández Sánchez, Gumersindo
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil
Herradón López, Antonio (Méntrida-Toledo)
Labrego, 27 anos. Fillo de Federico e Elena.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 01/07/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942), onde por por Orde do 22/01/1943, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 46 de 15/02/1943, páxina 1531), facéndose efectiva o 15/12/1942.
O 17/03/1950 reingresa no Destacamento Penal de Buitrago (traballos forzados).
Herránz Alonso, Francisco (Navalmoral-Ávila)
Xornaleiro, 63 anos, casado con Victoria Mera. Fillo de Tiburcio e Dorotea.
Xulgado en Ávila por Excitación á Rebelión. Condenado a 6 anos e 1 día.
Preso, cando menos, no Cárcel Nacional de El Barco de Ávila, Prisión Provincial de Ávila (27/01/1940), Prisión Central de Astorga-León (27/12/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (12/03/1941), onde se lle concede a Liberdade Condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308).
Herrera Cucala, Bautista “Paloto” (Alcalá de Chivert-Castelló)
Xornaleiro, 61 anos, solteiro. Fillo de Agustín e Vicenta.
Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 1404/38). Condenado o 01/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300705, Expediente 68693).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938), onde por Orde do 12/03/1942, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 77 de 18/03/1942, páxina 1956)..
Herrera Duchemin, Raimundo (Honfleur-Francia)
Chofer, 59 anos, casado con Faustina. Fillo de José e Carlota.
Veciño de Madrid (Madrid).
Xulgado en Madrid (Causa 7586/39). Condenado a 20 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ciudad Real nº 2 “Granja”, Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (12/08/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (22/04/1941), Prisión de Ciudad Real (22/05/1942), Prisión de Porlier-Madrid (18/11/1943), Prisión de Alcalá de Henares (17/02/1944) e Prisión de Guadalajara (28/05/1944). Liberdade condicional o 02/06/1945.
Herrera Romero, Natalio (Herrera del Duque-Badajoz)
Gandeiro, 55 anos. Fillo de Basilio e Asunción.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/07/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (10/09/1940), onde por orde do 12/10/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE nº 5 de 05/01/1943, páxina 161), facéndose efectiva o 09/12/1942.
Expediente de Expropiación de Bens en 1942.
Reingresa na Prisión Provincial de Pontevedra, onde por orde do 31/01/1944, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 79 de 19/03/1944, páxina 2287).
Herrero Lavín, Esteban (Arredondo-Cantabria)
Labrego, 58 anos, casado con Sofía. Fillo de Tomás e Felipa.
Veciño de Socueva (Arredondo-Cantabria).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/06/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300822, Expediente 85076).
Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Santander, Prisión Provincial de Santander (26/12/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939), onde se lle concede a liberdade condicional (BOE nº 267 de 24/9/1941, páxina 7366).
Herrero Pérez, Fidel Pedro (Barcenillas, Ruente-Cantabria)
Comercio, 31 anos, casado con Asunción Díaz. Fillo de Francisco e Dolores.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300319, Expediente 13305).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938). Liberdade o 06/03/1941.
Herreros Saiz, Inocencio (Torrelavega-Cantabria)
Carpinteiro, 28 anos, casado con Carmen Calvo. Fillo de Luciano e Consuelo.
Durante a guerra aparece como Alférez da sección de máquinas do Bon de Aviación “Esteban Bruno” do Exército de Santander e como Tenente de Milicias en Artillería no exército de Asturias-Santander.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300726, Expediente 72056).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (26/01/1939), Prisión Central de Astorga-León (21/03/1939) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (09/08/1939). onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 296 del 22/10/1940, páxina 7257), facéndose efectiva o 19/10/1940.
Herrezuelo Mariano, José (Valverde del Camino-Huelva)
Labrego, 60 anos, casado con Ana. Fillo de Pedro e Cayetano.
Xulgado en Huelva por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/10/1937 a 12 anos e 1 día. ena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300537, Expediente 43952).
Preso, cando menos, na Prisión de Valverde del Camino, Prisión Provincial de Huelva (24/07/1937) Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939), onde por Orde do 12/08/1940, concédeselle a liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5769).
Hervás Ramírez, Baldomero (Miguelturra-Ciudad Real)
Garda Civil retirado, 63 anos, casado.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil.
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.
Hevia, Nicolás (Pola de Gordón-León)
Mineiro, 59 anos, casado.
Miliciano pertencente a “Mineros de Mieres”.
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 18/06/1941.
Hevia Martínez, Gerardo (Gijón-Asturias)
Redeiro, 29 anos, solteiro. Fillo de José e Pilar.
Xulgado en Camposancos. Condenado a morte.
Preso, cando menos, na Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (15/07/1938), onde falece o 07/07/1940.
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1941, sendo indultado en 1957, residindo daquela en Llanes (Asturias).
Hevilla Pozo, Pedro (Coín-Málaga)
Zapateiro, 62 anos, casado con María. Fillo de Francisco e Fuensanta.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 10/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300645, Expediente 59811).
Preso na Prisión de Coín, Prisión Provincial de Málaga (23/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional por Orde do 21/6/1940 (BOE número 179 del 27/06/1940, páxina 4400), facéndose efectiva o 23/06/191940.
Hidalgo Moreno, Julián “Colorao” (Berlanga-Badajoz, 29/03/1881)
- Labrego (propietario de terras), 59 anos, casado. Fillo de Antonio e Soles.
- Afiliado á Agrupación Socialista (AS) de Berlanga, apoderado do partido durante as eleccións de febreiro do 36. Membro de UGT.
- Tralo golpe de estado marchou a loitar á zona republicana.
- Xulgado en Mérida por Adhesión á Rebelión. (Sumario 768). Condenado o 18/04/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada en maio de 1941 a 20 anos e 1 día.
- Preso, cando menos, na Prisión Casa Colonia de Almendralejo-Badajoz, Forte de San Cristóbal-Pamplona (18/10/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941).
Hidalgo Padilla, Antonio (Antequera-Málaga)
Xornaleiro, 60 anos, casado con Dolores. Fillo de Francisco e Josefa.
Veciño de Málaga (Málaga).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 29/04/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300645, Expediente 59807).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Málaga (17/01/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a Liberdade condicional (BOE nº 130 de 10/5/1941, páxina 3308).
Hierro Hidalgo, Mateo del (Piedrabuena-Ciudad Real)
Labrego 66 anos. Fillo de Joaquín e Isabel.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 12/07/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), Prisión de Ciudad Real (05/05/1942) e Prisión de Madrid (27/07/1943). Liberdade condicional o 23/09/1943.
Higelmo de la Rosa, Severiano (Autillo de Campos-Palencia)
Xornaleiro, 33 anos, casado con Eusebia Monje. Fillo de Ceferino e Salina.
Veciño de Orbó (Palencia).
Membro da UGT de Barruelo de Santullán (Palencia). Tralo golpe de estado marcha cara a Santander para defender a causa republicana.
Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Vizcaya (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300760, Expediente 76904).
Preso, cando menos, na Prisión de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central de Astorga-León (27/03/1939), Prisión de Valdemoro (19/10/1939), Prisión Central de Astorga-León (22/12/1939) e Prisión de ¿? (30/08/1940).
Higuera Cerro, Juan José (Riotuerto-Cantabria)
Dependente de comercio, 60 anos. Fillo ed Ricardo e Juana.
Veciño de Madrid (Madrid).
Condenado a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Guadalajara, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (14/03/1941), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro, por orde do 17 de setembro de 1942 ( BOE nº 272 de 29/09/1942, páxina 7645), facéndose efectiva o 03/08/1942.
Hijar García, Romualdo (Gelsa-Zaragoza, 1886)
Carniceiro, 52 anos, casado con Angela Lobera Borras, unha filla. Fillo de Romualdo e Juana.
Izquierda Republicana.
Acusado de apropiarse de bens “pertenecientes a elementos contrarios al marxismo”. Xulgado en Zaragoza por Indución á Rebelión (951/38). Condenado o 08/04/1938 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300348, Expediente 17108).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prision Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, , onde por orde do 31/07/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 218 del 05/08/1940, páxina 5427).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas en 1938, sendo indultado en 1945.
Hijosa Fernández, Marcelino (Mozonzillo-Segovia)
Cesteiro, 33 anos, fillo de Valeriana Lorente. Fillo de Julio e Prudencia.
Veciño de San Ildefonso (Segovia).
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 20/08/1936 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Segovia (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300259, Expediente 5486).
Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938) e Prisión de Teruel (14/03/1940).
Holgado García, Justo (El Ronquillo-Sevilla)
Labrego, 60 anos, casao con Patrocinia Duque. Fillo de Agustín e María.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 27/08/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Sevilla (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300970, Expediente 104272)
Preso, cando menos, na Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz, Colonia Penitenciaria del Dueso e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), onde falece o 03/05/1941.
Holguín San Juan, Leandro (
Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil
Hormigos Hidalgo, Bautista (Carriches-Toledo)
Xornaleiro, 64 anos, casado con María. Fillo de Valentín e Lucía.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 02/09/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300454, Expediente 31558).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939), por orde do 02/08/1941, concédeselle a liberdade condicional coa liberación definitiva de desterro (BOE 11/08/1941, páx. 6116).
Hornero Moreno, Clodoaldo (Cuacos de Yuste-Cáceres)
Cachoteiro, 68 anos, viúvo. Fillo de Vicente e Marcelina.
Xulgado en Cáceres por Rebelión Militar. Condenado o 20/11/1936 a 24 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cáceres (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300672, Expediente 63834).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cáceres, Hospital Asilo Penitenciario de Segovia (09/10/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939).
Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, en dúas ocasións, sendo indultado en 1953 e 1960.
Horta González, Manuel (Puente de Alba-León)
Canteiro, 67 anos. Fillo de José e Rosaura.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 305/1938). Condenado o 30/03/1938 a 16 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de León (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300363, Expediente 18837).
Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941), concedéndoselle a Liberdade condicional (BOE nº 301 de 28/10/1941, páxina 8411).
Hoyo Salas, Ignacio del (Nestares, Campoo de Enmedio-Cantabria)
Labrego, 64 anos, casado con Dorotea Díaz. Fillo de Francisco e Manuela. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día.
Xulgado en Reinosa por Adhesión á Rebelión. Condenado o 19/10/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300560, Expediente 47668).
Preso na Prisión do Partido de Reinosa (20/09/1937), Colonia Penitenciaria del Dueso (02/12/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/04/1939), concedéndoselle a Liberdade condicional (BOE nº 185 de 4/7/1941, páxina 4958).
Hoyos Roble, Simeón (La Costana, Campoo de Yusa-Cantabria)
Xornaleiro, 62 anos, casado con Tomasa. Fillo de Francisco e María Santos.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 09/11/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300561, Expediente 47691).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Prisión Central de Puerto de Santa María-Cádiz (01/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (28/09/1940), onde por orde do 11/07/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 210 de 29/7/1941, páxina 5694).
Hoyos Seco, Roque (Celada?-Cantabria)
Labrego 64 anos. Fillo de Francisco e Luisa.
Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 27/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Santander (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300822, Expediente 85079).
Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1939), onde por orde do 10/04/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2699).
Hoz Baena, Manuel de la (Torres-Jaén)
Labrego, casado, 63 anos. Fillo de Antonio e María.
Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 13/06/1940 a 12 anos e 1 día.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941)
Huerta Álvarez, Ramón (Bayo, Grado-Asturias)
Xornaleiro, 64 anos. Fillo de José e Nicolasa.
Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 29/01/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300887, Expediente 93845).
Preso na Prisión Central de Celanova-Ourense (13/02/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (30/03/1939), concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 14/10/1942 (BOE número 299 de 26/10/1942, páxina 8583), facéndose efectiva o 08/10/1942.
Huerta Aransay, Félix (Santurdejo-La Rioja)
Comerciante, 61 anos, viúvo de Jacinta. Fillo de Proto e Narcisa.
Veciño de Ponferrada (León).
Xulgado en León por Traizón (Causa 436/1936). Condenado o 26/08/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Leon (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300951, Expediente 101884).
Preso, cando menos, na Prisión Provincial de León, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (19/12/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/03/1939) e Prisión Provincial de Vitoria (01/02/1943), onde por orde do 26/07/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE número 223 de 11/08/1943, páxina 7832), facéndose efectiva o 19/07/1943.
Huerta Prendes, Román (Cerecea, Piloña-Asturias)
Labrego, 73 anos, casado con Asunción. Fillo de Antonio e Mercedes.
Xulgado en Asturias por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/01/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300887, Expediente 93846).
Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión Central de Celanova-Ourense (07/02/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (29/03/1939)
Huerta Puche, Juan José (Tobarra-Albacete)
Xastre, 72 anos, casado con Soledad. Fillo de Juan e Robustiana.
Afiliado a Izquierda Republicana (IR) de Tobarra.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1228/39). Condenado o 06/03/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300779, Expediente 79485).
Preso, cando menos, na Prisión del Partido de Hellín, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (15/06/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941).
Hurtado Donaire, Veremundo (Almadén-Ciudad Real)
Forxador, 59anos. Fillo de Pedro e Celestina.
Concelleiro de Almadén.
Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 1027/1939). Condenado o 19/04/1940 a 20 anos.
Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941) e Prisión Central de Almadén (22/01/1943), onde por orde do 22/05/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 157 de 06/06/1943, páxina 5466), facéndose efectiva o 02/05/1943.
Autor: Juan Migueles
Colaboración con:
A memoria democrática en Redondela. Concello de Redondela.
https://memoriademocratica.redondela.gal/

Ningún comentario:
Publicar un comentario