venres, 23 de outubro de 2026

Listaxe de presos na Illa de San Simón-N

 


Presos na Illa de San Simón. Foto: Dámaso Carrasco

Nadales Medina, Juan (Algodonales-Cádiz)

Xornaleiro, 68 anos, casado con Catalina. Fillo de Antonio e Dolores.

Veciño de Prado del Rey (Cádiz).

Xulgado en Cádiz por Excitación á Rebelión. Condenado a 8 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Cádiz (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300581, Expediente 50167).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Cádiz (19/12/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/03/1939), Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (06/11/1939) e Prisión Provincial de Palencia (26/01/1940), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 27 de 27/1/1941, páxina 627), facéndose efectiva o 08/01/1941.


Narcisco Pino, Manuel (Nigrán-Pontevedra)

Albanel, 28 anos, solteiro. Fillo de Antonio e Ramona.

Xulgado en Vigo por Rebelión Militar. Condenado o 28/12/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27648 ).

Preso, cando menos, na Prisión do Partido de Vigo, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 216 de 4/8/1941, páxina 5911).


Natera Gil, Jerónimo (Marbella-Málaga, 1876)

Xornaleiro, 64 anos. Fillo de Salvador e Mercedes.

Afiliado a Agrupación Socialista (AS) e membro de UGT. Durante a guerra civil foi vocal do Comité Agrícola de Marbella desde setembro de 1936. Foi detido despois da caída de Málaga en febreiro de 1937.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 14/06/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300687, Expediente 65917).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (18/02/1943), de onde sae en réxime de prisión atenuada o 19/10/1943.


Natividad Ordóñez, Alejandro (Zugaztieta/La Arboleda, Valle de Trápaga-Bizkaia)

Xornaleiro, 31 anos. Fillo de Félix e Juliana.

Xulgado por voar unha ponte. Condenado o 28/07/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Álava (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300017, Expediente 1194).

Preso, cando menos, na Prisión provincial de Victoria, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (23/12/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Prisión Central de Guadalajara (22/09/1942), Prisión de ¿Barranco Malo? (14/12/1942). Liberdade condicional o 21/05/1943.

NOTA: Recollido erroneamente co nome de Natividad Ordoña, Alejandro; como falecido na illa.


Nava Rico, Miguel de (Cózar-Ciudad Real)

Labrego, 62 anos. Fillo de Joaquín e Victorina.

Afiliado a UGT.

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 08/02/1940 a pena de morte, sendo rebaixada a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300190, Expediente 15448).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Valdenoceda-Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (26/04/1941), onde faleceu.


Navarrete Garrido, Emilio (Arcos de las Salinas-Teruel)

Memorialista, 64 anos, solteiro. Fillo de Miguel e Luisa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 26/05/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Málaga (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300661, Expediente 62140).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria del Dueso-Santoña, Prisión Provincial de Santander-Tabacalera (09/09/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (20/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (15/05/1939), onde falece o 22/06/ 1939.


Navarro Aguilar, Jesús (Alcázar-Albacete)

Braceiro, 37 anos, casado con Antonia Díaz. Fillo de Rafael e Manuela.

Afiliado a UGT.

Xulgado en Albacete por Auxilio á Rebelión (Causa 553/1939). Condenado o 22/05/1939 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Albacete (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300695, Expediente 67108).

Resultou probado que: “Pertenecía a la UGT con anterioridad al Glorioso Movimiento Nacional y como persona de confianza de los dirigentes prestó desde los primeros momentos servicio de armas, actuando en desarme de las personas de derechas y en diferentes registros domiciliarios, llevando juntamente con otros individuos todos ellos armados a seis guardias civiles al Gobierno Civil de Albacete, que por ello habían ido detenidos previamente, sin que conste que ocurriese con estos guardias”.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (16/08/1942) e Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (05/02/1943), onde por orde do 03/04/1943, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE número 106 de 16/04/1943, páxina 3410), facéndose efectiva o 26/04/1943.


Navarro Arias, Alejandro (Illescas-Toledo)

Xornaleiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Claro e Juana.

Xulgado en Toledo. Condenado a 14 anos, 8 meses e 1 día. Nun segundo xuízo condenado o 04/11/1940 a 10 anos mais.

Preso, cando menos, na Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (17/09/1938), Prisión Provincial de Toledo (16/06/1939), Prisión Central de Astorga-León (03/12/1939), Prisión Central de Celanova-Ourense (26/12/1942), Prisión Central de Gijón (03/10/1943), Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (04/05/1945) e Prisión Central de Gijón (02/06/1946). Liberdade o 13/04/1947.


Navarro Casals, Bautista “Melin” (Alcanar-Tarragona)

Labrego, 53 anos, casado con María Chillida Queral. Fillo de Miguel e Agustina.

Xulgado en Vinaroz por Auxilio á Rebelión (Causa 147/1939). Condenado o 11/06/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Castellón (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300860, Expediente 90341).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Prisión Central de Astorga-León, onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 289 de 16/10/1941, páxina 8031), facéndose efectiva o 14/09/1941.


Navarro Díez, Antonio ((Madrid-Madrid)

Militar, 52 anos, casado con Aurora. Fillo de Antonio e Beatriz.

Veciño de Santander (Cantabria).

Xulgado en Santander por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Los Salesianos o Superior, Prisión de las Salesas-Santander (23/09/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (24/1071938). Indultado o 14/10/1949.

Procesado en 1941 polo Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo con resultado negativo.


Navarro González, Joaquín “El Río” (Escúzar-Granada)

Gandeiro, 61 anos, casado con María Vega Perea. Fillo de Fillo de Joaquín e María Josefa.

Xulgado por Adhesión á Rebelión (Cauas 20.705/39). Condenado o 05/11/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada por 12 anos e 1 día pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300856, Expediente 89782).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Granada, Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela (24/05/1940), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde falece o 09/05/1941 por causas naturais. Enterrado no cemiterio de Pereiró (Vigo).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas.


Navarro Niño, Juan (San Esteban del Valle-Ávila)

Labrego, 63 anos. Fillo de Aquilino e Isidora.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1136/1938). Condenado o 02/06/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300155, Expediente 12372).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión Provincial de Ávila (04/01/1943). Liberdade condicional o 21/12/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1952.


Navarro Sánchez, Eloy (Castaño del Robledo-Huelva)

Labrego, 60 anos, casado con Josefa. Fillo de Nemesio e María.

Xulgado en Huelva por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/09/1937 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Huelva (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300726, Expediente 71999).

Preso, cando menos, na Prisión de El Castaño, Prisión Provincial de Huelva (17/05/1938), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (06/03/1939) e Prisión Central de Figueirido-Pontevedra (05/05/1939), onde por orde do 17/10/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 295 do 21/10/1940, páxina 7239), facéndose efectiva o 23/10/1940.


Navia Cores, Ángel (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Comerciante, 58 anos.

Veciño de Cornazo, parroquia de Vilagarcía.

Tesoureiro do Centro Republicano e da Federación Agraria de Vilagarcía. Contador do Sindicato Agrario de Cornazo.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Condenado a pena de morte.

Fusilado na Caeira (Poio-Pontevedra) o 04/12/1936, xunto aos seus veciños Luis Pando Rivera (xuíz de Vilagarcía), Manolo Oubiña, José Otero e Ramón Mondragón.


Nazara Pesado, Antonio (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra)

Mariñeiro, 29 anos, casado con María. Fillo de José e Juana.

Xulgado en Pontevedra o 22/01/1937 por Rebelión Militar. Condenado o 08/02/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada en decembro de 1942 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27645)

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (16/05/1937). Liberdade o 20/04/1949.


Nebreda Nebreda, Damián (Villanueva de Gumiel-Burgos, 1880)

Labrego, 61 anos, casado con Elisa Gómez. Fillo de Florentino e Filomena.

Xulgado por Excitación á Rebelión (Causa 487/1937). Condenado o 16/07/1937 a 6 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Burgos (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300226, Expediente 2176).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (04/10/1939), onde por orde do 28/06/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE numero 188 del 06/07/1940, páxina 4668), facéndose efectiva o 03/10/1940.



Negrete Gracia, Gregorio (Barakaldo-Bizkaia)

Caldeireiro, 30 anos, casado con María Anamendia Uribarren. Fillo de Manuel e Modesta.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1938), Prisión Central Habilitada de Camposancos-A Guarda (19/01/1940).

Reingresa na Prisión de Bilbao o 14/05/1952. Liberdade 24/06/1952.


Negrillo Bonilla, Antonio (Los Villares-Jaén)

Xornaleiro, 67 anos, casado.

Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Jaén (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300963, Expediente 103296).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Lista Gonzalo Amoedo e Roberto Gil


Neira Cumbrao, Manuel (Arca, A Estrada-Pontevedra)

Canteiro, 30 anos, solteiro.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado a 15 anos. Conmutación e extinción da pena o 16/01/1940 pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27647).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Prisión Provincial de Lugo (25/11/1939). Prisión atenuada o 26/07/1940.

Ábreselle expediente de Responsabilidades Políticas (BOE Anexo único Nº15, 15 de xaneiro de 1940, páx. 270).


Neira González, José (Carballiño-Ourense)

Químico, 30 anos, solteiro. Fillo de Eduardo e Isaura.

Veciño de Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 29/04/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o 02/12/1940 a 4 anos de prisión menor e extinción da pena.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/09/1937). Liberdade o 18/08/1940.


Neira López, José (Samoedo, Sada-A Coruña)

Ebanista, 61 anos. Fillo de Florentino e Isabel.

Veciño de Madrid (Madrid).

Afiliado a CNT. Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña.

Xulgado en Madrid por Adhesión á Rebelión (Causa 6569/1939). Condenado o 01/11/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos e 1 día pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300181, Expediente 14675).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Madrid, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (19/03/1941), Hospital provincial de Pontevedra (16/10/1942), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (05/11/1942) e Prisión Central de Yeserías-Madrid (19/02/1943). Liberdade o 16/01/1944.


Neira Otero, Antonio (Vilagarcía de Arousa-Pontevedra, 1910)

Dependente de comercio, 25 anos, .

Afiliado a Agrupación Socialista (AS) e membro da UGT de Vilagarcía de Arousa.

Tralo golpe de estado militar participou na resistencia da vila. Detido o 17/09/1936.

Xulgado en Pontevedra por Adhesión á Rebelión. Condenado o 01/04/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27641).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/06/1937). Prisión atenuada o 02/09/1940. Liberdade definitiva o 08/03/1943.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1941.

Unha vez en liberdade acabaría casando con Francisca Ruperta Rietz Vázquez, sendo pais de: Roberto, Juan Antonio e Alejandrina Neira Rietz.

Faleceu en Vilagarcía de Arousa o 09/06/1997.

 

Neira Otero, Antonio. Fundación Pablo Iglesias


Nicolás Fernández, Braulio (Margoles, Cangas de Onís-Asturias)

Labrego, 74 anos, casado con Consuelo Vázquez García. Fillo de Manuel e María.

Veciño de Cuenco (Cangas de Onís).

Presidente da Agrupación Socialista (AS), UGT e da Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Cangas de Onís.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 07/09/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300888, Expediente 93988).

Preso, cando menos, na Prisión de Infiesto, Prisión do Partido de Gijón (14/07/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde falece o 19/03/1940.


Nieto Fernández, Olayo (Abenojar-Ciudad Real)

Xornaleiro, 62 anos, casado con Quiteria Fernández. Fillo de Bartolomé e Luciana.

Veciño das minas de San Quintín (nos concellos de Cabezarados e Villamayor de Calatrava, Ciudad Real).

Xulgado por Adhesión á Rebelión. Condenado o 12/04/1940 a 20 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Astorga-León, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/09/1940) e Real Carcel de Forzados de Almadén-Ciudad Real (22/01/1943). Liberdade condicional o 22/12/1943.


Nieto Parra, Feliciano (Olmos de Esgueva-Valladolid)

Albanel, 64 anos, casado con Luz Divina Encinas. Fillo de Nicolás e Inés.

Veciño de Baltanás (Palencia).

Xulgado en Palencia por Auxilio á Rebelión (Causa 2514/1937) . Condenado o 25/02/1938 a 20 anos.

Preso, cando menos, na Prisión de Baltanas, Prisión provincial de Palencia (20/07/1936), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939). Liberdade o 18/08/1940.

En 1956 residía en Villaviudas (Palencia), atopábase viúvo, con 78 anos e recóllese de profesión tipógrafo.


Nieto Villar, Fernando (Arnín, Villaviciosa-Asturias)

Labrego, 65 anos, viúvo. Fillo de Fernando e María.

Desde marzo de 1936 e ata a caída de Asturias foi Alcalde de Pivierda (Colunga) e tamén presidente do Comité de Abastos. Tamén ocupou o cargo de presidente de UGT de Villaviciosa.

Xulgado en Oviedo por Auxilio á Rebelión. Condenado o 16/09/1938 a 15 anos de reclusión menor. Pena posteriormente conmutada a 6 anos e 1 día pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300515, Expediente 40521).

Preso, cando menos, na Prisión de Oviedo, Prisión de Partido de Gijón (21/08/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (27/02/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 268 de 25/9/1941, páxina 7399), facéndose efectiva o 14/08/1941.


Nogales, Flores, Juan (Valle de la Serena-Badajoz)

Labrego, 69 anos, casado con Santiaga Merino Mateo.

Non temos datos nin do consello de guerra, nin da sentenza, pero a pena sería posteriormente conmutada pola Comisión de Córdoba (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300844, Expediente 88093).

Preso, cando menos, na Prisión de Llerena, prisión Provincial de Córdoba (23/02/1939), Prisión Central de Cuéllar-Segovia (23/07/1939) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, onde falece o 17/02/1941.

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas decretándose a incautación de bens en 1941.


Nogales Ramírez, Juan (Puenlonuevo-Córdoba)

Mineiro, 63 anos. Fillo de Juan Antonio e Josefa.

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Pueblonuevo, Prisión Provincial de Córdoba (19/10/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941), onde falece o 25/06/1941.


Nogueira González, Manuel (Teo-A Coruña)

Empresario carroceiro, 38 anos.

Veciño de A Estrada (Pontevedra).

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado a pena de morte.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Fusilado na subida a Monte Porreiro (Pontevedra) o 5 de xuño de 1937 xunto a Cándido Tafalla Froiz, Jesús Puente Fontanes (alcalde da Estrada), Ramón Fernández Rico (concelleiro), José Rodríguez Sangiao (concelleiro) e José María Pena López. Como causa da súa morte sería rexistrada parálise do bulbo.



Nores Portela, Manuel (Bouzas, Vigo-Pontevedra)
Industrial, 38 anos.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Sería sacado da illa o 09/11/1936 xunto a Manuel Fontán Herbón, Manuel Lustres Rivas, Abdón Simón Da Ponte, Silo Marmolejo Santos, Vicente Bautista Faria, Víctor Fraiz Castellanos e Florentino Vázquez Doval. Os seus corpos apareceron ao día seguinte no Alto da Cuncheira (Trasmañó-Redondela).



Nores Rodríguez, Joaquín José (Cangas-Pontevedra)

Latoeiro (fontaneiro), 19 anos, solteiro. Fillo de Faustino e Griselda.

Afiliado ao Partido Comunista (PCE).

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 790/1936). Condenado o 20/05/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030. AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27643).

Preso, cando menos, na Prisión Provisional de Cangas, Prisión da Normal de Pontevedra e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (09/10/1936). Liberdade o 30/06/1940.

Unha vez en liberdade casouse con Teresa Blanco Rodal, tamén de Cangas, da que se namorou na illa. Ela ía alí a lavar a roupa dun preso de Calatayud, porque a familia deste preso atendía a un tío seu que estaba preso en Zaragoza.

Os seus irmáns serían asasinados en 1936: Emilio Nores Rodríguez, en xullo en Pontesampaio e José Nores Rodríguez, albanel e músico, en agosto en Anguieiro.

Entrevista aos seus fillos:

https://www.youtube.com/watch?v=soOmeLuhQC0

Nores Rodríguez, Joaquín. Foto da familia



Nova Rico, Miguel de (Cozar-Ciudad Real)


Labrego, casado, 64 anos, casado con Melania Sánchez. Fillo de Joaquín e Victorina.
Afiliado a UGT.
Xulgado o 07/08/1940 en Infantes (Ciudad Real). Condenado o 21/10/1940 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 20 anos pola Comisión de Madrid (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300190, Expediente 15448).

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Ciudad Real, Prisión Central de Valdenoceda-Burgos (16/11/1940) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (01/03/1942), onde falece o 25/05/1942.



Noval Puente, Manuel (La Felguera, Langreo-Asturias)
Mineiro, 64 anos, casado con Inocencia. Fillo de Baltasar e Manuela.
Veciño de La Cuesta, Lieres (Siero-Asturias).
Acusado de ser "antiguo militante de la UGT [que al estallar la guerra civil] se hizo cenetista".

Xulgado por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/05/1938 a 20 anos. Pena posteriormente conmutada a 6 anos pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300515, Expediente 40535).


Durante a instrución do consello de guerra intentou subornar ofrecéndolle "de cuatro a cinco mil pesetas" ao secretario del Juzgado Militar.
Preso na Prisión de Siero, Prisión Provincial de Oviedo (11/05/1938) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simon (27/02/1939), onde faleceu o 16/06/1941, a pesares do cal por orde do 11/07/1941, concédeselle a Liberdade Condicional (BOE nº 210 de 29/7/1941, páxina 5694).

Abríuselle expediente de Responsabilidades Políticas, sendo indultado en 1957, 16 anos despois da súa morte.


Novales Abadías, Raimundo (Fraella, Grañén-Huesca)

Peón camiñeiro, 64 anos, casado con Casimira. Fillo de Raimundo e Francisca.

Veciño de Novales (Alfoz de Lloredo-Huesca).

Xulgado en Huesca por Rebelión Militar (Causa 106/1938). Condenado o 10/08/1938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Prisión Central de Burgos, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (13/03/1939) e Prisión provincial de Huesca (27/11/1942). Liberdade o 23/07/1943.


Novás Souto, Paulo (Sao Paulo-Brasil, 16/04/1899)

Mestre nacional no instituto de Pontevedra, solteiro, 36 anos.

Pertenceu á Comisión organizadora de ‘La Casa del Maestro’ en Pontevedra.

Afiliado a Acción Republicana e despois a Izquierda Republicana (IR).

Xulgado en Pontevedra por traizón. Condenado o 01/11/1936 a pena de morte.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón.

Fusilado na estrada de Campañó o 12 de novembro de 1936 xunto aos médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana; os mestres Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón; o impresor Ramiro Paz Carbajal; o avogado José Adrio Barreiro, o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán Juan Rico González.

Expediente de Depuración como mestre nacional nº 32/13218.


Novás Souto, Paulo. Arriba á dereita con traxe escuro e garabata. Publicada en Hermes&Atenea

Noya Gómez, Manuel “Topino” (Brántega, Agolada-Pontevedra, 1896)

Labrego, 40 anos, casado con Consuelo Vázquez Rey. Fillo de Antonio e Concepción.

Veciño de A Bandeira (Silleda-Pontevedra).

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 18/12/1936 a 20 anos.

Preso no Depósito Municipal de Silleda e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04711/1936), onde falece o 24 de novembro de 1938 a causa dun colapso cardíaco por tuberculose pulmonar.


Núñez Blanco, Victoriano

Xulgado en Madrid (Causa 2111/1939).

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, concédeselle a liberdade condicional, coa liberación definitiva do desterro por Orde do 02/08/1941 (BOE número 227 de 15/8/1941, páxina 6271).


Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (Centro Documental de la Memoria Histórica). Signatura: 75/00997 | Monforte de Lemos (Lugo) | Indulto (1948 - 1948). Notas: Procede del Juzgado de Instrucción de Navalmoral de la Mata

Núñez Búa, José (Cerdedo, Cotobade-Pontevedra, 1903)

Mestre no colexio Labor de Vigo (tamén exerceu como avogado e xornalista), 33 anos, casado con Otilia Valladares. Fillo de Rogelio Núñez de Couto (alcalde de Ourense) e Eduarda Búa.

Veciño de Pontevedra.

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Membro do Seminario de Estudos Galegos na sección de etnografía. Colaborador da revista Nós, Galicia, El Pueblo Gallego, Céltiga, A Nosa Terra...

Membro de Irmandade da Fala de Vilagarcía e do Partido Galeguista, sendo presidente do Grupo Galeguista de Vigo. Concelleiro de Vilagarcía en 1924 e vicepresidente da Deputación de Pontevedra en 1936.

Xulgado en Vigo e condenado a pena de morte.

Preso na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón. Aos dous meses consegue fuxir grazas a intervención dun familiar militar que correu peor sorte por esta acción. Unha vez en liberdade consegue pasar a Portugal, onde embarca cara a Buenos Aires.

Propulsor da cultura galega no exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante. Xerente da empresa de porcelana Celtia. Parte dos seus artigos foron recopilados no libro Revoeira, publicado en Montevideo en 1971. Outras obras serían: Escolma de textos con Galiza ao fondo, e Vida e paixón de Castelao.

Faleceu en La Plata (Argentina) en xaneiro de 1981.


Núñez Búa, José. Facebook: Maria Fernanda Arias


Núñez Caballé, Sebastián (Tarragona-Tarragona)

Mariñeiro, 38 anos, casado con Florentina. Fillo de Ramón e Dolores.

Tesoureiro de UGT. Miliciano.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1545/1939). Condenado o 13/06/1939 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada a 12 anos de prisión menor pola Comisión de Tarragona (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300366, Expediente 19137).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Cuéllar-Segovia e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (28/04/1942), onde por orde do 10/04/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, sen a liberación definitiva do desterro (BOE nº 107 de 17/04/1942, páxina 2702), facéndose efectiva o 02/05/1942.


Núñez García, Ramón (Ponferrada-León)

Empregado municipal, 64 anos. Fillo de Vicente e Sinforosa.

Veciño de Bilbao (Bizkaia).

Membro de UGT.

Xulgado en Bilbao por Auxilio á Rebelión. Condenado o 25/05/1938 a 12 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión Provincial de Bilbao (13/09/1937) e Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (07/03/1939), onde falece o 20/04/1940.


Núñez González, Jacinto (Cieza-Cantabria)

Xornaleiro, 68 anos, viúvo. Fillo de Lucas e Ignacia.

Xulgado en Torrelaveza por Excitación á Rebelión. Condenado o 22/01/1938 a 6 anos e 1 día.

Preso, cando menos, na Prisión de Partido de Torrelavega (02/10/1937), Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/03/1939) e Prisión Central de San Isidro de Dueñas-Palencia (02/11/1939), onde por orde do 12/08/1940, concédeselle a Liberdade condicional (BOE número 233 do 20/08/1940, páxina 5770), facéndose efectiva o 14/08/1940.


Núñez Grande, Ricardo (Caleiro, Vilanova de Arousa-Pontevedra)

Carpinteiro, 25 anos. Fillo de Manuel e Manuela.

Afiliado a SOV da que foi presidente, afecta a UGT. Miliciano

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 15/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena conmutada o o 22/10/1939 a 3 anos pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caix 300427, Expediente 27642).

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937). Prisión atenuada o 07/09/1940.Liberdade definitiva o 05/03/1943.


Núñez Molares, Benito “Charlot” (Bueu-Pontevedra)

Labrego, 27 anos, solteiro.

Xulgado por Rebelión Militar (Causa 1363/1936). Condenado o 29/12/1936 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior.

Preso, cando menos, na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón e Fortaleza de San Cristóbal-Pamplona (15/07/1937), onde falece durante a gran evasión do 22 de maio de 1938, constando como fusilado.

Apesares da súa morte, dous anos despois decrétase a conmutación da pena a 20 anos, o 09/04/1940.


Núñez Montes, José (Salcedo, Pontevedra-Pontevedra)

Garda xurado da Sociedade de Agricultores de Salcedo da que fora vicesecretario, 23 anos, casado con Saladina Crespo Rodríguez. Fillo de Benito e Baltasara.

Acusado de tomar parte activa contra o “Glorioso Movimiento” acudindo armado ao Goberno Civil e tamén había informacións de que, nos sucesos de outubro do 34, coaccionara as leiteiras para que non abasteceran a poboación.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar (Causa 777/1937). Condenado o 07/07/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300366, Expediente 19130).

Preso, cando menos, na Prisión de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (11/03/1937) e Prisión Central de Burgos (06/03/1939), onde por orde do 23/01/1942, concédeselle a Liberdade condicional provisional, coa liberación definitiva do desterro (BOE nº 38 de 07/02/1942, páxina 942), facéndose efectiva o 27/11/1941.


Núñez Ramos, Francisco (Portugal)

Labrego, 29 anos, solteiro. Fillo de Juan e María.

Veciño de Andújar (Jaén).

Xulgado en Zaragoza por Auxilio á Rebelión (Causa 5/1938). Condenado o 15/03/1938 a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Zaragoza (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300701, Expediente 67957).

Preso, cando menos, na Prisión provincial de Zaragoza, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (02/09/1938) e Campamento de Trabajadores de Santa Barberá-Puebla de Sanabria (14/09/1940). Prisión atenuada o 13/10/1940.


Núñez Rodríguez, Manuel “Perrachica” (Cangas-Pontevedra)

Mariñeiro, 26 anos, solteiro. Fillo de Manuel e Matilde.

Militante do PCE.

Xulgado en Pontevedra por Rebelión Militar. Condenado o 01/03/1937 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caja 300427, Expediente 27650).

Preso, cando menos, na Prisión de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (25/10/1936) e Prisión Central de Burgos (09/03/1939), onde se lle concede a Liberdade condicional (BOE nº 58 de 27/2/1941, páxina 1399).

Núñez Romay, Arturo (Vilariño, Cambados-Pontevedra)

Mariñeiro, 46 anos, casado con Ramona Rodríguez Padín. Fillo de Joaquín e Ramona.

Xulgado en Pontevedra por Auxilio á Rebelión. Condenado o 14/04/1937 a 15 anos. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Pontevedra (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300427, Expediente 27646).

Preso, cando menos, na Prisión de Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (04/04/1937). Prisión atenuada o 04/08/1940.


Núñez Ruíz, Francisco (Güevéjar-Granada)

Labrego, 64 anos. Fillo de Francisco e Filomena.

Xulgado por Auxilio á Rebelión (Causa 29.991/39). Condenado o 02/11/1939 a 12 anos e 1 día. Condenado a 12 anos e 1 día. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Granada (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300856, Expediente 89783).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Santa Isabel de Santiago de Compostela, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (18/03/1941) e Prisión Provincial de Granada (19/01/1943). Liberdade condicional (19/02/1943).


Nuño Huergo, Ricardo (La Carrera, Siero-Asturias)

Rexentaba xunto á súa parella Carolina Pérez un bar-tenda. 59 anos. Fillo de Ángel e Josefa.

Veciño de Gijón (Asturias).

Membro de CNT.

Xulgado por Rebelión Militar. Condenado o 02/0671938 a cadea perpetua, 30 anos de reclusión maior. Pena posteriormente conmutada pola Comisión de Oviedo (ES.19030.AGMG/6.1.1. Caixa 300112, Expediente 8704).

Preso, cando menos, na Prisión Central de Figueirido-Pontevedra, Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón (23/05/1941) e Prisión de A Coruña (10/01/19439. Liberdade condicional o 01/04/1944.

O seu fillo Amor Nuño Pérez, era secretario da Federación Local da CNT de Madrid a finais de 1936. Detido no campo de Albatera, sería trasladado á Dirección General de Seguridad de la Puerta del Sol, onde foi torturado. Sobreviviu ás malleiras pero sería fusilado o 17/07/1940.



Autor: Juan Migueles

Colaboración con:

A memoria democrática en Redondela. Concello de Redondela.

https://memoriademocratica.redondela.gal/


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Listaxe de presos na Illa de San Simón-N

  Presos na Illa de San Simón. Foto: Dámaso Carrasco Nadales Medina, Juan (Algodonales-Cádiz) Xornaleiro, 68 anos, casado con Catalina...